ATENEO .
Lugar onde o ambiente de confianza e respeto favorecen a tarea de
aprender. Damos importancia ó alumno, non só son clientes senón
que plantexan novos retos.
Contamos con dúas
aulas onde se imparten recuperacións ou cursos e unha sala de
Informática preparada para nove ordenadores.
O noso lema é aprender
algo, para logo construir enriba e poder seguir aprendendo.
Comprender e asimilar conceptos novos co fin de mellorar a autoestima
do rapaz.
Nun mundo rodeado de
medios tecnológicos combinamos as novas tecnologías (Internet,
Correo…) cos medios tradicionais. Escribir é tan importante como
abrir unha páxina Web para localizar información. A busca do
equilibrio entre as dúas vías axudará a organizar mellor as ideas
na cabeza do alumno.
A experiencia de moitos
anos é unha garantía á hora de tratar casos especialmente
complicados. Ademais a comunicación coas familias e cos centros é
cordial.
Tamén contamos con
Servicio Técnico de Reparación de
equipos informáticos, instalación de programas e asistencia.
Dende nenos en idade
infantil ata adultos xubilados que descubren o mundo tecnolóxico
pasan a miudo por aquí e confían no noso traballo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario